Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 11/02/2021 | Actualizada ás 17:46
Alu Ibérica comunicou este xoves o cesamento por "causas disciplinarias" a catro traballadores aos que vincula con "agresións cometidas contra outros compañeiros o pasado 17 de decembro na planta da Coruña".
En concreto, tras o despedimento dunha compañeira, desde o comité recoñeceuse que houbo momentos de tensión, pero negaron calquera acción violenta e convocaron unha folga días despois para esixir a readmisión desta traballadora, un paro que deixaron en suspenso recentemente polo contexto de pandemia, segundo explicaron.
A empresa, tras abrir expedientes sancionadores contraditorios "a catro empregados identificados" no que cualifica como un "ataque violento", informa de que comunicou o cesamento por causas disciplinarias ao presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, a outros dous membros do comité e un delegado sindical.
"Agora, despois de recibirse e ter analizado as alegacións dos expedientados e tras terse cumprido os prazos legais, a dirección da empresa e o equipo xurídico determinaron que os feitos son moi graves e, por tanto, susceptibles de despedimento disciplinario, tal e como se recolle no convenio colectivo e no Estatuto dos Traballadores".
Por outra banda, explica que "seguen abertos os procedementos penais iniciados por mor dos ataques", afirma en relación a denuncias por parte de "persoas agredidas como a propia empresa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.