PSOE e BNG volverán pedir explicacións á alcaldesa de Boimorto nun novo pleno municipal

A rexedora, que pediu a baixa no PP, foi apoiada polos edís do Partido Popular, para continuar no seu cargo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

PSOE e BNG volverán pedir explicacións á alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, pola súa polémica vacinación contra a covid-19 no próximo pleno ordinario da localidade, previsto para o 26 deste mes.

Novo, que pediu a baixa do PP, vacinouse na residencia municipal a pesar de que non forma parte directa do seu persoal. Ela xustifica que o fixo en calidade de "xefa de persoal", xa que o centro é de titularidade municipal e acode ao mesmo "a diario".

Estes argumentos reiterounos no pleno extraordinario celebrado o pasado venres 12, no que os apoios dos cinco concelleiros populares salvárona da reprobación, que levaba aparellada a petición inmediata de dimisión.

A socialista Sandra Sánchez cualificou que as explicacións de Novo son "nulas ou, como dixo o propio PP, insuficientes", polo que os socialistas insistirán nesta cuestión. "No canto de explicar por que recibiu a vacina dedicouse a promocionar e asumir como propio o traballo que os empregados do Consistorio realizaron na crise sanitaria", advertiu.

Pola súa banda, Xosé Luís Rivas (BNG) tamén confirmou a Europa Press que os nacionalistas volverán, así mesmo, a insistir nesta cuestión no pleno ordinario.

Cvirus.-PSOE e BNG volverán pedir explicacións á alcaldesa de Boimorto pola súa vacina no próximo pleno municipal. M. Dylan - Europa Press
Cvirus.-PSOE e BNG volverán pedir explicacións á alcaldesa de Boimorto pola súa vacina no próximo pleno municipal. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta