Como influíu a Covid-19 na xestión do estrés por parte do persoal docente?

Un 35% dos docentes necesitou axuda profesional durante a dende que comezou a pandemia pola Covid-19.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os resultados do observatorio Informe OMCI sobre Maestros/as durante la Covid da Organización Montessori Canela Internacional, no que participaron 1.306 docentes e persoal educativos de pedagoxías tradicionais e alternativas, puxo de manifesto como afectou a pandemia ao seu estrés e benestar mental.

Profesora PDI
Profesora PDI | Fonte: EP

Un 35% dos entrevistados e entrevistadas sostivo que necesitou axuda profesional para a xestión dos seus nervios dende que comezou a pandemia, e desa porcentaxe, o 45% recoñeceu ter acudido ao psicólogo, o 25% foi ao médico e o 9% optou pola axuda psiquiátrica.

PROBLEMAS NO DESCANSO

Por outra banda, case a metade dos enquisados, o 49% afirmou ter problemas para descansar, no que un 84% desa porcentaxe afirmou durmir menos que antes da pandemia. En concreto, un 45% di que durme entre as 6 e 8 horas diarios e un 38% durme menos de 6 horas diarias. O 31% afirma ter máis pesadelos que antes da pandemia.

Outro dato preocupante é que, dos participantes, un 80% asegurou que viuse superado pola pandemia e un 33% vense incapaces de centrarse no seu traballo. Ademais, un 72% recoñece estar todo o día nervioso e un 56% desta porcentaxe declara que elude tarefas e responsabilidades debido a esta situación.

CAMBIO DE HÁBITOS

Debido á pandemia da Covid-19, o 79% dos enquisados explicou que cambiou os seus hábitos para compensar os nervios que tiveron dende o inicio da pandemia. Con respecto á alimentación, case o 38% recoñece que esta é menos saudable que antes e o 6% afirma que incrementou o consumo de alcol.

A pesar destes datos negativos, un 52% afirma que a Covid-19 presentóuselle como unha oportunidade para comezar a practicar deporte. Un 47% afirma exercitarse dende a súa casa: un 17% segue rutinas de influencers, un 10% sae a correr e un 7% sae en bici.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta