O delegado do Goberno central, satisfeito coa sentenza de Meirás malia que hai que indemnizar aos Franco

Javier Losada xustifica a decisión da Avogacía do Estado de non recorrer a sentenza da Audiencia da Coruña porque dá "cumprida razón" ás teses expostas por esta parte no xuízo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, argumentou, ao ser preguntado pola súa valoración respecto da decisión da Avogacía do Estado de non recorrer a sentenza da Audiencia da Coruña sobre o pazo de Meirás, que a mesma dá "cumprida razón" ás teses expostas por esta parte no xuízo.

Javier Losada
Javier Losada | Fonte: Delegación do Goberno.

Ademais, rexeitou que o fallo, que confirma que o inmoble é patrimonio público, pero que considera aos Franco posuidores de "boa fe" e determina que deben ser indemnizados polos gastos contraídos desde 1975, abra a posibilidade a que poidan volver ao inmoble ata que reciban a indemnización.

"Iso non é o que considera a Avogacía do Estado", afirmou, ao ser preguntado por esta cuestión nunha comparecencia para facer balance da xestión do Goberno en Galicia.

Sobre a decisión desta parte de non recorrer a sentenza, explicou que se adopta ao considerar que o mesmo é "tecnicamente favorable aos intereses do Estado". Así, argumentou que non se recorre ao dar "cumprida razón" ás súas teses sobre as Torres de Meirás como patrimonio público.

INDEMNIZACIÓN

Mentres, preguntado sobre a indemnización que a sentenza recoñece ao Franco, dixo que serán "os servizos competentes do Estado" os que se encargarán de "valorar no seu momento" esta cuestión.

"Isto hai que facelo conforme ao que ditaminen as sentenzas xudiciais", reiterou Losada, para quen "o importante" é que o tribunal "establece claramente que o pazo de Meirás é propiedade do Estado", reiterou.

"Non comparto nin deixo de compartir", expuxo, mentres, ao ser preguntado se coincide, como sostén o fallo, que os herdeiros do ditador actuaron de "boa fe", fronte á sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número uno da Coruña que argumentaba o contrario.

"O Goberno acata as sentenzas e lévaas á práctica", apostilou Losada para quen con este fallo "se recupere a democracia", apostilou en referencia á "memoria histórica e democrática".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta