Suspendidas este venres actividades no exterior dos centros educativos afectados pola alerta laranxa por fortes ventos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A comisión escolar de alertas decidiu suspender toda a actividade no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas polo aviso de nivel laranxa por fortes ventos que afectará a Galicia este venres.

Un operario traballa na recollida da vexetación caída nunha zona situada en Redondela, Pontevedra
Un operario traballa na recollida da vexetación caída nunha zona situada en Redondela, Pontevedra | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

En concreto, segundo trasladaron desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, o fenómeno adverso deixará refachos de ventos superiores aos 100 quilómetros por hora e afectará a partir das 12,00 horas ao oeste e suroeste da Coruña e estenderase, a partir das 18,00 horas, a toda a provincia de Pontevedra, a Mariña Lucense e a montaña de Ourense.

A autoridade educativa comunicará a situación ás direccións dos centros escolares afectados, que serán os encargados de facer efectiva a medida e realizar un seguimento dos partes meteorolóxicos mentres dure o adverso meteorolóxico.

Doutra banda, déixase en mans das direccións a responsabilidade de decidir sobre a suspensión das actividades extraescolares no caso de que as circunstancias do seu concello evolucionen ata supor un risco superior ao declarado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta