Feijoo critica que negacionistas incumpriran o peche perimetral para manifestarse contra a súa Lei de Saúde

Ve "unha irresponsabilidade" a manifestación do pasado sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou este luns as críticas recibidas pola reforma da Lei de Saúde de Galicia e cualificou "irresponsabilidade" e de "falta de respecto" a manifestación negacionista celebrada este sábado en Santiago.

A preguntas dos medios, o presidente galego dixo que "lamenta profundamente" as críticas a "a única lei de pandemias que vai entrar en vigor" no país, así como que o sábado viñesen a Santiago "persoas doutros puntos de España, saltándose o peche perimetral e as medidas que cumpren os galegos para manifestase en contra da seguridade sanitaria".

Neste sentido, dixo que esta actitude é "irresponsable" e "unha falta de respecto para os galegos" que "cumpren as normas". "É un grave erro, ademais dunha grave irresponsabilidade", resolveu.

O negacionista Rafael Palacios, insulta á divulgadora científica Rocío Vidal, coñecida como La gata de Schrödinger /ROCÍO VIDAL / TWITTER
O negacionista Rafael Palacios, insulta á divulgadora científica Rocío Vidal, coñecida como La gata de Schrödinger /ROCÍO VIDAL / TWITTER

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta