Negacionistas protestan sen máscara ante o Parlamento en contra da lei de saúde galega

Coincidiu con outra protesta en contra da nova lei forestal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Unhas decenas de negacionistas do coronavirus concentráronse na mañá deste martes na compostelá rúa do Hórreo, ante o Parlamento, en contra da lei de saúde galega, que se debate este martes en pleno.

Na protesta puidéronse ver carteis como 'A televisión é o virus', 'A Constitución española lei de rango maior. Feijóo non te decatas', 'Co pobo ou cómplices'. Algúns dos manifestantes non levaban máscara e outros a tiñan baixada.

A mobilización celebrouse cunha forte presenza policial. Axentes situáronse xunto aos manifestantes, á vez que diferentes furgonetas policiais situábanse en rúas próximas. De feito, algún policía ata pediu a transeúntes que abrisen a súa mochila ao pasar pola zona.

Paralelamente, este martes tamén tivo lugar unha concentración en contra do novo plan forestal --convocada por diferentes colectivos--. A anécdota produciuse cando algúns dos negacionistas despistados puxéronse nesta protesta --que estaba enfronte da outra-- a gritar en contra da lei de saúde.

Negacionistas do coronavirus protestas ante a Cámara
Negacionistas do coronavirus protestas ante a Cámara | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Zancho Pancha

Parecen saídos desas películas baratas de zombies... Que noxo, ter que partillar planeta con esa escoura