Os coworking no rural fomentan os "novos talentos" e fixan poboación segundo a Deputación da Coruña

O presidente da Deputación, Valentón González Formoso, incidiu en que a posta en marcha dun coworking no concello da Capela, na comarca de Ferrolterra, supón "unha aposta estratéxica da Deputación da Coruña a través do Plan de Emprego Local".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ha destacada este xoves a importancia "de que municipios como A Capela" conten con este tipo de equipamentos coworking, "que permiten reter á mocidade, atraer a novos talentos e fixar poboación, loitando contra o despoboamento do rural".

Así, González Formoso incidiu en que a posta en marcha dun coworking neste municipio da comarca de Ferrolterra supón "unha aposta estratéxica da Deputación da Coruña a través do Plan de Emprego Local" e que este en concreto "centrarase especialmente no sector primario, nun municipio que conta con gran experiencia en sector gandeiro, agrícola e forestal".

Estas manifestacións realizounas o presidente socialista durante a visita que realizou no mediodía deste xoves, 25 de febreiro, ao núcleo das Neves, na Capela, en compañía do seu alcalde, Manuel Meizoso (PSOE), e máis concretamente ás instalacións que acolleron durante anos ao centro de saúde e que coa construción dun novo ambulatorio posibilitaron a realización dun coworking no primeiro piso, con espazo para ata doce negocios.

CAPTACIÓN DE EMPRENDEDORES

Valentín González asegurou que "o apoio provincial non vai quedar só na rehabilitación do espazo", senón que van involucrarse, "con presenza diaria, para levar a cabo a parte máis importante, que é a da dinamización este espazo e a súa difusión para captar interesados, da Capela e de toda a comarca, que consta que xa hai".

Para poder materializar este novo equipamento realizáronse varias obras de rehabilitación, por 72.000 euros achegando a Deputación o 80%, a través do Plan Único, e 20% restante o Concello asumiu a contía restante de 13.439,97 euros. Cunha superficie de 178 metros cadrados divídese en catro oficinas modulares que xa están equipadas.

O coworking da Capela sumarase á Rede Provincial que xa integran outras instalacións en Oleiros, Carballo, Brión, Boiro, Ames e que entrará proximamente en funcionamento en Moeche.

Pola súa banda, o alcalde da Capela, Manuel Meizoso, agradeceu o apoio da Deputación provincial e manifestou o seu desexo de que "sirva como un impulso económico e demográfico para A Capela". "E que os nosos veciños se animen e veñan aquí a desenvolver as súas iniciativas empresariais", concluíu.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita o cowoeking da Capela.. MONCHO FONTES/DEPUTACIÓN DA CORUÑA / Europa Press
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita o cowoeking da Capela.. MONCHO FONTES/DEPUTACIÓN DA CORUÑA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta