Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 21:05
As autoridades sanitarias comunicaron este martes catro novos falecidos con covid-19, polo que o total de vítimas da pandemia ascenden xa a 2.256 na comunidade galega. Os catro presentaban patoloxías previas. Unha baixada que contrasta cos 40 rexistrados hai xusto un mes.
Dous dos falecidos rexistráronse o luns, en concreto un home de 74 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña e unha muller de 76 anos que se atopaba no Complexo Hospitalario de Ourense.
O resto de casos, todos eles este mesmo martes, son dous homes de 84 e 89 anos que estaban ingresados no Chuf e no Chuvi, respectivamente. O primeiro deles procedía da residencia de Laraxe, de Cabanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.