O veciños de Touro e O Pino lamentan que a Xunta tardara "un ano" en tombar o proxecto da mina

Celebran a fin deste proxecto "sen garantías" pero afean á Dirección Xeral de Planificación Enerxética os prazos do trámite.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A plataforma veciñal Mina Touro - O Pino NON celebrou a fin do que considera que era un proxecto "sen garantías" tras coñecerse na xornada do martes que a Xunta denega o proxecto tras a declaración de impacto ambiental desfavorable. Nun comunicado remitido aos medios, a plataforma lembra o tres anos de "resposta social" contra este proxecto, con "informes técnicos negativos e centos de organizacións sociais e locais que arremeteron con contundencia contra o que era máis que evidente".

Con todo, "a pesar das evidencias", a plataforma asegurou que se tivo que esperar ata esta semana, "un ano despois da declaración de impacto ambiental negativa", a que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais dese a coñecer a súa decisión de comunicar a resolución negativa do proxecto ao mercantil Cobre San Rafael SL.

A plataforma, que explica que aínda non coñece a resolución empresa a pesar de figurar como interesada na causa, espera que esta lle sexa remitida "o antes posible" e "sen ter a necesidade de requirila vía rexistro electrónico". Neste sentido, considera "esencial" que as administracións permitan que a cidadanía e as organizacións ambientais teñan dereito ao acceso á información pública "en tempo e forma" para que se lle permita defenderse.

"De non ser pola resposta social e cidadá, este proxecto e moitos outros de similares características son susceptibles de aprobación sen ningún tipo de supervisión, nin comprobación, con todas as catastróficas, terribles, calamitosas repercusións e ausencia de garantías que levan para o medio natural, cultural, como así quedou demostrado no caso do proxecto da mina de Touro", apunta.

Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato.
Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato. | Fonte: Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta