(VÍDEO) Voces do feminismo de antes e de agora: "as mulleres eramos o último restroballo"

Luz Fandiño, Margarita Ledo, Priscila Retamozo e Andrea Valle repasan o camiño que tiveron que percorrer as mulleres feministas na loita pola conquista dos seus dereitos. Unha comparativa entre o feminismo da época de Fandiño ata a actualidade, onde a igualdade entre homes e mulleres aínda non é unha realidade.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O movemento feminista galego naceu, entre outras, da man das ensinanzas das escritoras Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro, que serviron de inspiración a moitas mulleres que, como Luz Fandiño, reivindicaron o papel da muller na sociedade galega, así como a defensa do idioma propio.

Manifestación 8M en Vigo
Manifestación 8M en Vigo | Fonte: Priscila Retamozo

Luciña, como a chamaba a súa avoa, contounos como era ser muller na súa época: "a muller tiña que achantar, eramos o último restroballo". Así, decidiu comezar a escribir poemas feministas nos que expoñía o difícil que era ser muller: 

Coido que son

licenciada na dura

carreira da vida

Fiquei matriculada

Madres de Plaza de Mayo
Madres de Plaza de Mayo | Fonte: Arquivo de Tilsa Albani no Consello da Cultura Galega

antes de nacer

foi moi dura 

a aprendizaxe

simplemente para ser

unha muller

Fandiño serviu de inspiración a outras mulleres para tomar consciencia da súa situación de desigualdade, polo que comezaron a aparecer agrupacións feministas como a Asociación Galega da Muller, fundada en 1976, e revistas de contido feminista como Festa da palabra silenciada ou Andaina.

Grazas ás agrupacións e revistas feministas, cada vez máis mulleres, antes silenciadas, sumáronse ao feminismo que, como nos relata a xornalista Margarita Ledo, comezou a levar a cabo actos de protesta por sucesos puntuais -por exemplo, cando un home acometía unha violación a unha muller- e tamén a convocar manifestacións para esixir dereitos básicos como o divorcio e o aborto.

Desta maneira, a sociedade foi cambiando ata que o feminismo deixa de considerarse unha cuestión que atinxe soamente a mulleres, senón un movemento que abrangue a toda a sociedade e que loita pola igualdade total de oportunidades e posibilidades entre homes e mulleres.

Porén, Priscila Retamozo, activista feminista de Galegas 8M defende que aínda queda moito por facer por conseguir a igualdade real, xa que "as mulleres somos o 50% da poboación, pero non somos o 50% en ningunha esfera de poder". Por isto, defende, as mulleres deben conquistar o espazo público mediante manifestacións para que "se nos escoite".

Con todo, Andrea Valle, activista feminista, defende que é na educación onde débese facer o maior esforzo e introducir contido feminista, opinión que comparte Priscila, quen defende que, educando ás novas xeracións en feminismo, "conseguiremos sociedades democráticas baseadas na igualdade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta