Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/03/2021 | Actualizada ás 14:33
O presidente da Xunta de Galicia, o 'popular' Alberto Nuñez Feijóo, evitou comentar o adianto electoral da súa compañeira Isabel Díaz Ayuso na Comunidade de Madrid e a moción de censura de Ciudadanos e PSOE na Rexión de Murcia contra o PP alegando que está en Madrid para reunirse co ministro de Transportes, José Luís Ábalos, para "falar de Galicia".
Así o dixo na rolda de prensa posterior ao encontro que mantiveron ambos os dirixentes na sede ministerial e tras ser preguntado pola súa opinión acerca destas noticias que afectan aos seus dous compañeiros mandatarios autonómicos do PP.
"Vin aquí a falar de Galicia", respondeu o líder galego, que é o único mandatario autonómico 'popular' que goberna con maioría absoluta. Neste contexto, Feijóo insistiu nas cuestións que tratou con Ábalos e altos cargos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e asegurou que responderá as cuestións que teñan que ver con esta reunión.
Pola súa banda, Ábalos, que tamén foi preguntado a este respecto, emprazou aos xornalistas á rolda de prensa que dará posteriormente na sede do PSOE na súa posición de secretario de Organización do partido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.