Feijóo: "a incidencia en Galicia é tan baixa que só pode empeorar"

O presidente da Xunta cifra en máis de medio millón as vacinas que agarda recibir no vindeiro mes e abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que Galicia recibirá, "se se cumpre o comprometido" polo Ministerio de Sanidade, máis de medio millón de vacinas das distintas casas farmacéuticas o próximo mes de abril. En concreto, a Comunidade, na que xa se empezan a ensaiar probas de vacinación masiva, recibiría 156.000 doses cada unha das dúas primeiras semanas de abril e as dúas últimas, unhas 136.000, o que suman máis de 584.000 vacinas.

En todo caso, Feijóo apelou á prudencia e chamou, con Galicia en desescalada e ás portas de San José e Semana Santa, a "manter as cautelas". Non en balde, argumentou que no conxunto do país "a baixada de contagios retárdase e mesmo empeza a se estancar", polo que resulta imprescindible seguir coidando as medidas de seguridade, sobre todo tendo en conta que a ampla maioría dos novos casos derivan da cepa británica do virus, máis contaxiosa.

En Galicia, de feito, subliñou que, "salvo na área da Coruña", a incidencia "é tan baixa" que "só se pode empeorar". "O obxectivo é manter estes niveis", dixo Feijóo, quen tamén apelou a acudir aos cribados, dado que o test son fundamentais para anticiparse e frear os contagios.

Feijóo en San Caetano a 22/02/21.. DAVID CABEZÓN/XUNTA
Feijóo en San Caetano a 22/02/21.. DAVID CABEZÓN/XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta