Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 19:10
A coordinadora de tráfico en Galicia, María Vitoria Gómez, advertiu do problema nno territorio gañego do condutor que é detectado de maneira reincidente ao volante consumindo alcol. "Desde logo, coa sanción non o imos a arranxar", subliñou.
Desta maneira, na comisión parlamentaria de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia, avogou por ofrecer algún tipo de "terapia" a estas persoas, para as que o consumo de alcol é "unha enfermidade" e non "un capricho".
Na súa comparecencia, este martes, engadiu ademais a "opinión persoal" de que a "moitas" vítimas, en realidade, "matáronas" --en contraposición cunha morte accidental--, ao falecer en sinistros causados por alguén que circulaba ebrio.
María Vitoria Gómez presentou na comisión datos sobre a evolución de accidentes en Galicia, que pasou de 380 falecidos no ano 2000 a 276 en 2005, 179 en 2010, 92 en 2015 e 70 en 2020 (destes últimos, 54 condutores, 10 pasaxeiros e seis peóns).
Entre outros factores clave a mellorar, alertou dun "parque de vehículos moi envellecido" e dunha poboación condutora "tamén envellecida".
Así, en 2020, o 62% dos vehículos accidentados en Galici tiñan entre 10 e 24 anos. En canto á idade dos condutores, a responsable de tráfico sinalou "sobre todo" a Lugo e Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.