O Parque Natural de Corrubedo, a piques de ter xa o seu plan reitor

Un dos obxectivos é reducir como mínimo nun 75% a presenza de especies exóticas invasoras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O plan reitor de usos e xestión (PRUX) do complexo dunar de Corrubedo e das Lagoas de Carregal e Vixán superou este mércores un trámite decisivo para a súa aprobación por parte do Consello da Xunta, segundo informou a Consellería do Medio Ambiente nun comunicado.

En concreto, a xunta reitora do parque natural foi informada o contido do decreto de modificación do plan de ordenación de recursos naturais (PORN) e de aprobación do PRUX, documento que inclúe tres anexos coa proposta de zonificación, o contido do novo plan reitor e a cartografía.

Unha vez superado este trámite, o novo instrumento estará en disposición de someterse a consulta pública este mesmo mes por un período de 15 días. Finalizado dito prazo e tras analizar as achegas recibidas e valorar posibles modificacións, o PRUX remitirase ao Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Cogamads) para sometelo ao seu informe, previsiblemente no mes de abril. Este será o último paso antes da súa aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta.

O novo plan reitor de uso e xestión do Parque Natural de Corrubedo establece medidas de regulación específicas das diferentes actividades e de conservación da compoñentes clave da biodiversidade. Ademais, precisa os criterios de zonificación así como a propia xestión do territorio, tendo un compromiso claro coa súa conservación e o seu uso racional a través de accións locais, rexionais e nacionais.

Deste xeito, establece e regula os usos dentro de cada unidade de zonificación establecida. Así, as case 1.000 hectáreas que abarca o parque divídense en tres. En primeiro lugar, a Zona I ou de uso limitado (573 ha), as áreas con valores naturais excepcionais que requiren dunha maior protección, diferenciando entre zona litoral e zona de lagoas e marismas.

A Zona II ou de uso compatible (369 ha) contempla aquelas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou de interéspara a conservación, incluíndo espazos moi demandados polo uso público, como a praia. E, por último, a zona III ou de uso xeral, que inclúe os terreos desnaturalizados pola actividade humana ou nos que se xera unha actividade antrópica elevada, como parcelas urbanas, equipamentos e infraestruturas de uso público.

Entre as medidas concretas fixadas no PRUX, a Xunta destaca a erradicación ou control da presenza de especies exóticas invasoras (EEI) dentro do seu ámbito, marcándose como obxectivo reducir como mínimo nun 75% a presenza de EEI na zona de uso limitado e polo menos nun 25% no conxunto do parque natural. Ademais, busca restaurar aqueles hábitats e especies de interese afectadas pola presenza deste tipo de especies; e evitar expresamente o cultivo da acacia e a cortaderia seollana (herba das pampas).

USOS E APROVEITAMENTOS

En canto aos usos e aproveitamentos previstos, seguirase permitindo na zona libre de marisqueo da praia de LadeIra, e baixo as condicións actuais, o aproveitamento de recursosmarinos. Pola súa banda, con relación aos usos agrogandeiros, tamén se manterán prevéndose a curto e medio prazo que as explotacións continúen sendo pequenas, cun alto grao de parcelación e orientadas, principalmente, a autoconsumo.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán | Parques Naturais de Galicia
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán | Parques Naturais de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta