Por E.P. | OURENSE | 19/03/2021 | Actualizada ás 14:00
A garda civil de Verín tomou declaración en calidade de investigado a un home de 76 anos, veciño de Cualedro, como presunto autor dun incendio por neglixencia.
Segundo relata, o 17 de marzo o home provocou supostamente un incendio forestal ao descontrolarse unha queima autorizada, pola que resultaron afectadas unha hectárea de monte arboledo e 20 áreas de monte raso. O presunto delito está a ser investigado polo Xulgado dous de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.