Por E.P. | Ferrol | 20/03/2021 | Actualizada ás 17:58
O segundo buque loxístico do tipo AOR que Navantia está a construír no estaleiro de Ferrol para a Armada de Australia, 'Stalwart', iniciou na mañá deste sábado, 20 de marzo, as probas de mar.
O buque partiu sobre as 9,00 horas dun dos peiraos do estaleiro e media hora máis tarde pasou entre castelos, para saír da ría e dirixirse nun primeiro momento á entrada da ría de Ares, para acto seguido iniciar unha navegación que o levou a un oito millas ao oeste de punta Roncudo, en Ponteceso.
Ditas probas están programadas durante catro días, ata o martes, día 23, viaxando a bordo ao redor de 130 persoas, tanto persoal de Navantia como de compañías auxiliares, ademais de representantes a empresa contrata pola Armada de Australia para verificar a construción. Durante esas xornadas comprobarán as capacidades do buque e do seu equipamento, co obxectivo de detectar calquera tipo de incidencia.
PARTIDA
Segundo as previsións, o buque partirá de maneira definitiva o 18 de abril, nunha longa travesía ata Australia, onde responsables de Navantia Australia serán os encargados de deixar todo listo para proceder á entrega do barco. Cumprirase así o penúltimo fito deste buque, xa que só quedaría a entrega á Armada de Australia.
PLATAFORMA FLOTANTE
Por outra banda, tamén este sábado, sobre as 12,00 horas, partiu desde Navantia Fene o buque semisumerxible "Fjord", que leva na súa cuberta unha estrutura flotante que se executou nos últimos meses nas instalacións da antiga Astano.
O destino desta estrutura é o porto holandés de Róterdam, sendo o remolcador "Seraya" o encargado de levar ata aquel porto arrastrado tanto o buque semisumerxible como a estrutura. Trátase dunha nova unidade para o proxecto Kincardine, que se constrúe en augas de Escocia e que unha vez finalizado será o maior parque eólico flotante do mundo, sendo a empresa española Cobra a accionista maioritaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.