Feijóo, de defender o reintegracionismo a dirixirse en castelán a Portugal

O Presidente da Xunta vén de recibir críticas por empregar o español nun chío orientado ao outro lado do Miño.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Logo fará xa dez anos desa xornada na que un Feijóo, que atravesaba o seu primeiro mandato, defendía --se cadra sen ser totalmente consciente das súas palabras-- as teses do reintegracionismo galego-portugués. Foi nun programa da cadea tradicionalista Intereconomía. Feijóo recibiu críticas por supostamente non dar dereitos suficientes aos castelanfalantes e rematou alabando as posibilidades do galego á hora de establecer comunicación coa poboación de Portugal, Brasil, Mozambique, etc.

O presidente Alberto Núñez Feijóo, no Consello de Xunta
O presidente Alberto Núñez Feijóo, no Consello de Xunta | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

Quizais cambiou algo na última década, porque o Presidente da Xunta decidiu empregar o castelán o pasado mércores para destacar a importancia de establecer "alianzas" con Portugal. O mandatario galego aludía directamente a ese eixo ferroviario atlántico que permitiría ir de Vigo ao Porto en 60 minutos e viceversa.

O emprego do castelán neste contexto valeulle non poucas críticas a Núñez Feijóo: "O vínculo co Norte de Portugal tamén se reforza usando o galego como vía de comunicación", incidía unha usuaria. Outro preferiron tirar de retranca ante a situación: Os portuenses entenden moito mellor o inglés. Fale ben, non sexa Vde. bárbaro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta