Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 20:47
O que será novo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este martes a súa disposición ao "diálogo" coa Xunta de Galicia e avanzou continuidade nas subdelegacións do Goberno, nas que por agora non prevé cambios.
En declaracións aos medios e preguntado por declaracións a Europa Press nas que o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, lamentou que o delegado saínte, Javier Losada, non exercese de "interlocutor" entre Estado e Xunta, Miñones subliñou que a súa traxectoria "deixa ben clara" a súa capacidade de diálogo.
"Eu vou tratar de que exista ese diálogo pero, para que exista diálogo, ten que haber vontade polas dúas partes", manifestou o xa exalcalde de Ames, municipio que goberno desde 2015 en tripartito con Contigo Podemos e o BNG.
Na súa intervención e acompañado polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, Miñones trasladou o seu agradecemento polo traballo feito por Javier Losada á fronte da institución e asegurou falar con el estes días para "coordinar a saída e entrada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.