O PSdeG celebra este sábado os 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia nun acto con Laxe e Touriño

Tamén asistirán Sánchez Bugallo ou José Vázquez Fouz, que participou na redacción do texto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia celebrará este sábado un acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, para o que contará cos expresidentes socialistas da Xunta Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

Así informou o PSdeG, que sinala que --co seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, á fronte-- pon en valor o papel dos socialista no Estatuto de Autonomía e reafirma o seu "compromiso galeguista e co autogoberno", o mesmo que "levou ao partido a contribuír á elaboración dun texto estatutario de primeira para Galicia".

O PSdeG destaca que é o único partido dos que actualmente teñen representación na Cámara galega que participou na redacción da carta estatutaria en 1981. "Sempre estivemos nos momentos clave defendendo a Galicia cun claro compromiso galeguista e coa autonomía", sinalou Gonzálo Caballero.

No acto tamén participarán José Vázquez Fouz, representante do PSdeG na chamada Comisión dos16, a que redactou o texto estatutario; así como Margarita Valderrama, membro da executiva do PSDEG naquelas datas. Tamén tomarán a palabra o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e Noa Díaz, deputada autonómica e coordinadora do libro 'A esforzada conquista da autonomía'.

Os socialistas galegos Fernando González Laxe, Gonzalo Caballero e Emilio Pérez Touriño. PSDEG
Os socialistas galegos Fernando González Laxe, Gonzalo Caballero e Emilio Pérez Touriño. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta