O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
Publicado polo Parlamento de Galicia, supón o recoñecemento a unha persoa que "loitou para sacar adiante ese proxecto, pai da Galicia contemporánea", segundo subliñou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
  comenta   0
Alfredo Conde (Allariz) presentou o 29 de novembro o seu libro 'A Condo do Político', un percorrido pola súa faceta vinculada á vida política que desenvolveu de maneira máis activa como conselleiro de Cultura no goberno presidido por González Laxe. Considera que a evolución social empurra a enmendar constitucións e estatutos de autonomía e que determinados fenómenos políticos en Galicia só se explican pola desesperación ou o desengano.
  comenta   1
Lembra que a Constitución española recoñece as linguas do Estado como "un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección" e que no caso do galego está recoñecido como oficial polo seu Estatuto de Autonomía.
  comenta   0
O Goberno galego defende que ditas competencias están definidas no Estatuto de Autonomía pero Moncloa cre que a lei "invade competencias estatais" en distintos ámbitos, ata o punto de incorporar "de maneira unilateral" o mar ao territorio da comunidade autónoma.
  comenta   0
Na Italia dos anos sesenta do século pasado, o goberno lanzou unha campaña dirixida a “introducir a Constitución nas fábricas” coa pretensión de garantir os dereitos individuais dos traballadores; procedendo, ao tempo, a unha limitación paralela dos exhorbitantes poderes do empresariado. Unha medida que o Estado español non promoveu despois de ser promulgada en 1978 a Constitución.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, negou que existan discrepancias sobre a Lei do Litoral co novo delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro.
  comenta   0
Causa Galiza anunciou a súa disolución como forza política o martes 18 de abril logo de dez anos como tal. Con anterioridade a formación vivira como unha plataforma soberanista durante seis anos. A fin da viaxe chegou e agora toca mirar cara adiante, din algúns dos antigos integrantes. É posible unha unificación do independentismo en Galicia? Polo de agora a maioría dos intentos quedaron niso, intentos.
  comenta   5
O estatuto de capitalidade, sinalou Alfonso Rueda, abarca, ademais do recoñecemento formal, a admisión de que Compostela, como sede das institucións de Galicia, "ten unha serie de cargas" que contan con este documento con "un reflexo orzamentario".
  comenta   0
O BNG rexistrará a activación do protocolo para reformalo. PSdeG comparte a necesidade de actualizalo e o PP ábrese a estudar a proposta, pero dubida que haxa "consenso" para alcanzar acordos.
  comenta   4
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, excluíu das prioridades da formación que lidera Alfonso Rueda abordar a posibilidade de abordar en Galicia unha reforma do Estatuto de Autonomía na liña dos pasos xa dados por outras autonomías.
  comenta   0
Afirmou que así o defenderon "moitísimas veces" os dirixentes do PP en Galicia e que considera que é "co que se identifica moitísima xente en Galicia".
  comenta   0
Avanza unha formación autónoma que funcionará "con lealdade á dirección federal" pero "defendendo os intereses sociais e económicos" de Galicia. Gonzalo Caballero chama a "non aplicar" a directriz da cúpula central do partido que cambiaría a elección dos membros do Comité galego para primar as decisións de Madrid.
  comenta   1
Os tres presidentes coincidiron na defensa da Constitución do ano 78 e do Estado autonómico, compartindo tamén a aposta por "actualizar", "perfeccionar" ou "reformar", en maior ou menor medida, o sistema, aínda que coa visión de que o consenso que, no seu día deu pé, á Carta Magna española, debe ser clave.
  comenta   0
Nunhas xornadas sobre os 40 anos de autonomía de Galicia organizadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no Hostal dos Reis Católicos, os portavoces parlamentarios do PPdeG, Pedro Puy; do PSdeG, Gonzalo Caballero; e o deputado do BNG Luís Bará fixeron un repaso por estas catro décadas e han traslado as posturas das súas formacións sobre o documento.
  comenta   0
Durante o acto, a directora da EGAP destacou que a aprobación do Estatuto posibilitou consolidar unhas institucións ao servizo da cidadanía.
  comenta   0
O presidente da Xunta criticou que ante a covid-19 "fallou o sistema de alerta epidemiolóxica, unha competencia exclusiva do Goberno central".
  comenta   0
Desde o PP, a presidenta da formación, Teresa Mallada, anunciou que só sentará a negociar a reforma do Estatuto de Autonomía se desde o Principado renúnciase expresamente á oficialidade.
  comenta   0
A Xunta fixou como obxectivo que os xulgados do sete cidades galegas dispoñan de salas Gesell, deseñadas para que presten declaración testemuñas menores de idade e persoas vulnerables ou protexidas.
  comenta   0
Pedro Puy censurou que o BNG "está a avogar pola autodeterminación" e criticou a presenza de Oriol Junqueras na manifestación do Día Nacional de Galicia.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG sinalou que "o galeguismo ten que seguir impregnando o socialismo galego para os retos de futuro" e coa vista posta en "impulsar a reactivación e a reconstrución" de Galicia.
  comenta   0
Di que foron concebidos como lugares onde "caben todos os galegos".
  comenta   0
O vicepresidente Rueda declarou que o "autogoberno de Galicia non é un traballo culminado, quedan cousas por facer e temos que seguir reclamándoas".
  comenta   0
O deputado nacionalista, Luís Bará, respondeu que Paula Prado "superou" á dirixente de Vox Rocío Monasterio como "heroína da Garda Civil": "Está vostede no 'top 10'".
  comenta   0
O presidente da Xunta advertiu este mércores na presentación da exposición 'Unha Galicia mellor: 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia', que os galegos "seguen vixiantes, con argumentos e razóns, ante as posibles asimetrías autonómicas".
  comenta   0
Na conmemoración da ratificación legal do actual Estatuto de Autonomía, Alberto Núñez Feijóo e o seu partido reiteraron a coartada xustificativa que veñen utilizando, durante a última década, para incumprir a inicial promesa formulada na campaña electoral do ano 2009 relativa a unha presunta  iniciativa de reforma estatutaria: a situación política xerada en Catalunya a partir do recurso de inconstitucionalidade presentado polo PP de Rajoy contra o novo Estatuto aprobado en referendo polo corpo electoral catalán.
  comenta   0
O líder do PSdeG recalcou o "compromiso federalista" do seu partido, un sistema que permite "unha asignación máis eficiente de recursos" en función das demandas dos territorios.
  comenta   0
O presidente da Xunta proclamou que "ningún Estatuto ou Constitución son unha solución máxica e perenne, senón camiños polos que transitar de forma segura".
  comenta   0
Argúe que "o ambiente político non aconsella, visto o visto noutras comunidades autónomas, que sexa o momento de abrir o debate".
  comenta   0
A conexión entre a intelectualidade da Xeración Nós levada ao estatuto do 36, como xerme da carta estatutaria de 1981 foi tamén motivo da intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que pechou a cerimonia erixindo o Estatuto a "catedral laica".
  comenta   0
O portavoz dos populares na Cámara, Pedro Puy, sinala que se Galicia non ten máis competencias a día de hoxe é debido a "actitudes" do Goberno central.
  comenta   0