O Presidente do Parlamento galego reivindica a defensa da "Galicia autonomista" da Xeración Nós

Miguel Santalices visita a exposición 'Galicia de Nós a nós' na cidade de Ourense.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, visitou a exposición 'Galicia de Nós a nós' na cidade de Ourense, onde destacou a defensa que realizou esta xeración de intelectuais a favor dunha "Galicia autonomista" como "preámbulo do Estatuto de Autonomía".

Eposición de Nós a nós Galicia, De Nós A Nós Despídese Do Gaiás Con 15.000 Visitantes E Inicia A Súa Itinerancia A Ourense E Pontevedra. Xunta de Galicia - Arquivo
Eposición de Nós a nós Galicia, De Nós A Nós Despídese Do Gaiás Con 15.000 Visitantes E Inicia A Súa Itinerancia A Ourense E Pontevedra. Xunta de Galicia - Arquivo

Santalices subliñou "a ilusión" de estar a ver unha exposición tan importante, tan só dous días despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade conceder a medalla da institución á Xeración Nós nun acto "sinxelo pero cunha gran profundidade".

O presidente do Parlamento manifestou que a Xeración Nós é unha referencia para toda Galicia, pero en especial para todos os ourensáns, e subliñou que eles, "hai agora xa 100 anos, xa falaban dunha Galicia autonomista e defendían postulados moi interesantes, sendo cosmopolitas e europeístas".

"Boa falla faríanos actualmente que Europa se coordinase algo mellor, sobre todo nos temas que están a afectar a pandemia e que están a xerar grande inquietude en parte da poboación", reflexionou Santalices, quen engadiu que "esa visión integradora que fai falta" agora, tíñaa a Xeración Nós.

"Non se poderá afirmar con total rotundidade pero eu son un defensor de que sen a Xeración Nós non estariamos a falar dun Estatuto de Autonomía, sería probablemente outra cousa a que teriamos. Hai que darlles as grazas porque foron un xerme importante para que se puidese plasmar o que é agora e que permitiu unha evolución moi importante para a nosa comunidade", sentenciou.

En canto a esa evolución, exemplificou as transferencias de competencias a Galicia, como a sanitaria, durante estes 40 anos de vixencia do estatuto.

"Eu non son novo, pero tampouco tan vello, e recordo como había que desviar os pacientes para poder ser operados do corazón, mendigando polos despachos dos directores para que nos puidesen atender a nosa xente e agora en Galicia temos 3 unidades: unha na Coruña, outra en Santiago de Compostela e outra en Vigo. Con isto pódese dimensionar a importancia que tivo o Estatuto", destacou Miguel Santalices.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta