Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/10/2021 | Actualizada ás 17:19
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a reclamar as "competencias pendentes" tras 40 anos do Estatuto de Autonomía, ao ser preguntado polos actos conmemorativos.
Así, lamentou que no Debate do Estatuto de Autonomía o PP "votase en contra de que se cumprise", dixo sobre o contido do mesmo. Neste sentido, lembrou que o BNG pedía que se reclamasen "todas as competencias pendentes".
"Hai unha lei que segue 40 anos despois sen cumprirse", sentenciou Pontón quen reprochou ao PPdeG estar a seguir "a axenda que está a marcar Pablo Casado e que vimos nesa convención de rearmamento ideolóxico en Valencia".
Dela, asegurou que ten "os seus efectos". "O primeiro é que non se quere cumprir o Estatuto, hai que aspirar a máis capacidade para tomar as decisones máis relevantes". "Abrazar o Estatuto para incumprilo é unha incoherencia que terá que explicar Feijóo". "E por que pon por encima a decisión do PP de defender a centralización fronte ao interese de Galicia", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.