Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2022 | Actualizada ás 17:20
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, insistiu en reclamar para Galicia a competencia da xestión do dominio público marítimo-terrestre. Nunha visita á factoría de Stolt Sexa Farm en Lira, municipio de Carnota, o dirixente socialista defendeu a continuidade das empresas pesqueiras radicadas na costa debido ao seu "carácter estratéxico" e como centro de xeración de emprego.
Respecto diso, destaca que a pesca "é un dos sectores estratéxicos a protexer", polo que "o apoio do PSdeG á produción pesqueira de Galicia pasa por apoiar a presenza de instalacións que necesariamente teñen que estar en dominio público marítimo-terrestre".
Incide en que os socalistas galegos realizan esta petición "cada día" desde as institucións nas que están presentes. E é que considera que "a sensibilidade que se poida ter sobre unha bateeira, unha redeira ou unha instalación" sempre será maior en Galicia que "a que teña un dirixente político desde o Paseo da Castellana".
Asegura que esta reclamación "debe concretarse cunha reforma do Estatuto de Autonomía que lle permita a Galicia ter mecanismos para ser unha Galicia de futuro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.