Os traballadores de Alu Ibérica na Coruña denuncian unha nova parada por falta de aluminio

A produción estaría paralizada, "de novo", dende as 4 da mañá deste sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O comité de empresa da fábrica de Alu Ibérica na Coruña --antiga planta de Alcoa-- denuncia que, dende as 4,00 da madrugada do Venres Santo, a produción "de novo está parada por falta de aluminio" para reciclar.

Nun comunicado emitido este sábado, os traballadores aseveran que estas paradas son "continuas" e lembran que isto xa ocorreu despois de que a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) entrase a rexistrar as factorías tanto da Coruña como de Avilés o pasado 4 de marzo, no marco da investigación que dirixe a Audiencia Nacional sobre a compravenda das instalacións entre Alcoa e Parter en xullo de 2019.

Agora, asegura o comité de empresa, non só está parada a produción de aluminio, senón "tamén a produción de pasta metalúrxica" por falta de materia prima. Neste caso, leva "sen estar operativa desde novembro de 2020". "E iso que Alu Ibérica presumía e presume de ser un produto de amplo percorrido a futuro", ironizan os traballadores.

Galpóns da planta de Alu Ibérica da Coruña baleiros.. COMITÉ DE EMPRESA DE ALU IBÉRICA A Coruña
Galpóns da planta de Alu Ibérica da Coruña baleiros.. COMITÉ DE EMPRESA DE ALU IBÉRICA A Coruña | Fonte: Europa Press

"SITUACIÓN INSUSTENTABLE"

Dada esta situación "insustentable", o comité de empresa esixe a aplicación das medidas cautelares --a anulación do contrato de compravenda, entre outras-- que solicitaron de urxencia á Audiencia Nacional o 5 de marzo, ao día seguinte do rexistro por parte da UDEF. Así mesmo, os representantes sindicais indican que a empresa "segue sen abonar os salarios de xaneiro a todo o persoal e o de febreiro e marzo a boa parte do persoal", ademais de "outros complementos salariais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta