O Sergas notifica o falecemento de tres persoas con covid

Unha das defuncións correspóndese co venres pasado. Todos tiñan patoloxías previas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O Sergas vén de informar da morte de tres persoas que foran diagnosticadas con covid no marco do sistema hospitalario galego. Dous dos falecementos tiveron lugar na xornada do sábado 3, mentres que a restante data do pasado venres 2, no cal o Sergas non informou de falecido algún. Trátase dun home 86 anos que falecía no CHOP, onde este sábado morreu outro varón de 75 anos de idade. Por último, nesta xornada foi notificado tamén o falecemento dunha anciá de 88 anos no CHUS. O tres falecidos notificados este sábado, que fan subir a listaxe de vítimas desde o inicio da pandemia ata as 2.347, contaban con patoloxías previas.

Hospital Público da Mariña. AXM
Hospital Público da Mariña. AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta