Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 15:37
O Goberno galego destina preto de 2,5 millóns de euros a financiar os contratos posdoutorais duns 24 científicos para que consoliden a súa carreira investigadora en Galicia a través da apertura de liñas propias de traballo.
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a listaxe de beneficiarios destas axudas, que este ano reforzan un 14,3 por cento o seu nivel orzamentario e aumenta o número de contratos (un tres máis respecto da pasada convocatoria).
Estes contratos forman parte dos programas de apoio á formación predoutoral e posdoutoral da Xunta, que suman este ano un importe de 17,65 millóns e ascenden a 175 contratos.
Os 24 beneficiarios da convocatoria (20 deles nas tres universidades e o resto noutras entidades) disporán dun contrato de dous anos por un máximo de 78.000 euros e unha axuda de 25.000 euros a maiores para posibilitar un perfeccionamento da súa formación e unha liña de investigación propia.
O importe destinarase tanto ao pago de contratos como a custos sociais e para impulsar esta liña de investigación, entre outros, como a compra de equipo, materiais, contratacións de auxiliares ou gastos derivados de uso de ferramentas de xestión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.