A Xunta pecha a Proba do Caramiñal e O Grove tras a Semana Santa

Tamén determina niveis de restrición en concellos turísticos como Sanxexo, A Illa, Sanxenxo, Cangas, Gondomar ou Baiona.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/04/2021 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.Precisamente, este xoves o Sergas anunciou que convocará a unhas 3.600 persoas a cribados nesta segunda localidade.

A Pobra do Caramiñal
A Pobra do Caramiñal | Fonte: Turismo de Galicia.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta