Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 12:27
As tendas, locais comerciais e servizos profesionais abertos ao público, así como os centros e parques comerciais, poden ampliar desde este venres o seu horario de atención ao público, dentro dos límites do toque de queda que gaña unha hora máis e situarase nas 23.00 horas.
É unha das principais modificacións que recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), recollido por Europa Press, e que vén compasado da posibilidade de manter a mobilidade unha hora máis (pasa das 22 ás 23 horas) e da apertura dos restaurantes para o servizo de ceas, que tamén ten que respectar os tempos para o regreso ao domicilio.
Así, esta última orde do 14 de abril sinala que os establecementos e locais comerciais e actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais poderán ter o horario que "se fixe de acordo coa normativa vixente, debendo respectar en todo caso as limitacións establecidas para a mobilidade nocturna". O mesmo ocorre para os parques e centros comerciais, quedando así modificada a orde do 17 de marzo que fixaba o límite nas 21,30 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.