Galicia non esquece a morte de Diego Bello en Filipinas e pide que se investigue

O Parlamento galego demanda ao Estado que presione para esclarecer a morte do coruñés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia demandou publicamente ao Goberno estatal que presione por vías políticas, diplomáticas e xudiciais ante as autoridades de Filipinas para esclarecer os feitos que rodean a morte do coruñés Diego Bello en xaneiro de 2020 no país asiático a mans de policías filipinos.

Así figura nunha declaración institucional que foi pactada polos grupos con presenza no Pazo do Hórreo --PP, BNG e PSdeG-- este martes, xornada na que os pais de Diego Bello visitaron a sede da Cámara galega, onde mantiveron un encontro co seu presidente, Miguel Santalices, e os portavoces das formacións políticas.

Neste sentido, os grupos uníronse para expresar a súa solidariedade coa familia do coruñés e demandar ante o Goberno central que as autoridades españois "exerzan cantas accións políticas, diplomáticas e xudiciais sexan necesarias" para "o total esclarecemento" da morte de Bello e "a depuración ata as últimas consecuencias de cantas responsabilidades houber".

Así mesmo, solicitan ao Estado que faga o que estea na súa man para que "o dereito á honra" do coruñés sexa restaurado, posto que a familia nega as acusacións das autoridades filipinas, cuxo relato sostén que Bello era un dos maiores narcotraficantes da zona de Siargao, onde residía e morreu a disparos da policía nun operativo antidroga.

A versión das autoridades filipinas é negada categoricamente pola familia e achegados, que sosteñen que a suposta implicación no tráfico de drogas non figura en ningún expediente administrativo e tampouco existen probas ou testemuños que apoien a xustificación de que os axentes actuaron en defensa propia.

O Parlamento lembra que as autoridades filipinas "seguen negándose" a levar a cabo a investigación requirida polo Goberno español e destaca o informe realizado pola Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas, que en agosto de 2020 concluíu, tras un traballo de campo na zona da morte de Bello, que a súa morte foi un asasinato e que a escusa da defensa alegada pola polícia "queda deslixitimada" polos resultados das autopsias realizadas en Manila e en Madrid.

O presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, e representantes dos grupos coa familia do coruñés Diego Belo, morto en Filipinas en xaneiro de 2020. PARLAMENTO DE GALICIA
O presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, e representantes dos grupos coa familia do coruñés Diego Belo, morto en Filipinas en xaneiro de 2020. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta