Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 20:22
O Centro Dramático Galego (CDG) decidiu cancelar as últimas funcións da obra 'Terceiro acto' despois de que se detectou un caso de covid no equipo do espectáculo.
Segundo informa este martes o CDG, tomouse esta decisión con "moito pesar", polo que agora iniciarase o proceso para a devolución das entradas a través das canles de venda, unha obra que se representaba no Salón Teatro, en Santiago de Compostela.
O resto dos profesionais que traballan na obra deron negativo, aínda que todos seguirán agora os protocolos marcados polas autoridades sanitarias.
O Centro Dramático Galego estreou o 15 de abril 'Terceiro acto', unha produción na que ofrecen ao espectador unha reflexión sobre a última etapa da vida e na que reivindican o papel das persoas maiores na sociedade actual.
As directoras da obra son Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez; e o equipo de intérpretes está conformado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha 'Tatán'. Ía representarse en Santiago ata o 16 de maio con máis de 30 funcións desde o seu inicio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.