Ciudadanos carga contra o "caos administrativo" da fin do Estado de Alarma

A formación en Galicia pide centralizar as decisión legais sobre as restricións para evitar desigualdades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Ciudadanos Galicia presentou unha solicitude no Parlamento galego co obxectivo de instar á Xunta a que solicite ao Estado a reforma da lexislación contencioso administrativa, para que sexa a Audiencia Nacional o órgano xudicial competente para convalidar as medidas e as restricións das comunidades autónomas.

A coordinadora de Cs en Galicia, Beatriz Pino, censurou o "caos administrativo" tras a fin do estado de alarma, e arremeteu contra o "completo abandono de funcións e desaparición" do Goberno central, "deixando ás Comunidades Autónomas sen ningún tipo de mecanismo xurídico que permita continuar a loita contra a pandemia".

Neste sentido, advertiu de que esta situación está "a xerar problemas" en diferentes zonas "con desigual criterio xudicial", debido a que o Executivo "non asume ningunha responsabilidade sobre as medidas a tomar" e obriga aos Gobernos autonómicos e aos xuíces a "encargarse desas decisións".

"É evidente que a xestión gobernamental da pandemia evidenciou a necesidade de reforzar a cooperación e a coordinación das competencias do Estado coas das comunidades autónomas", considerou, polo que instou ao Goberno "a reaccionar na axilización das leis administrativas" para "favorecer a rapidez e a seguridade no control xudicial das medidas adoptadas por órganos de natureza administrativa".

Beatriz Pino,  coordinadora de Cs Galicia. Ciudadanos
Beatriz Pino, coordinadora de Cs Galicia. Ciudadanos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta