Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/05/2021 | Actualizada ás 11:09
A zona de Laza, na provincia de Ourense, continúa rexistrando actividade sísmica de baixa intensidade. Nas últimas 24 horas, detectáronse outro nove tremores, entre eles un de magnitude 3,4, o valor máximo alcanzado nos últimos días.
Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, entre a mañá do mércores e as primeiras horas deste xoves producíronse nove pequenos sismos: sete en Laza e os dous restantes en Vilar de Barrio.
Ademais, o tremor de magnitude 3,4 captado en Laza minutos despois das 13,00 horas do mércores iguala o rexistro máis alto captado na serie sismíca que afecta a esta zona da provincia ourensá na última semana.
Con estes nove pequenos terremotos rexistrados nas últimas horas, a zona suma xa 60 tremores de terra desde o xoves, cando se captou o primeiro movemento, de 2,8 graos, en Laza.
Ao longo das últimas horas, a intensidade dos tremores oscilou entre os 1,5 e os 3,4 graos. Este último produciuse no mediodía do mércores e chegou a sentirse en Vilameá (Laza), Vilar de Barrio, Albarellos (Monterrei) e Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.