Por E.P. | A CORUÑA | 21/05/2021 | Actualizada ás 12:59
A Deputación coruñesa abre o luns o prazo de solicitudes das axudas á hostalaría e axencias de viaxes das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol, segundo informa o organismo provincial.
Trátase dunha achega incluída no PEL-REACTIVA 2, un plan específico impulsado pola Deputación da Coruña e dotado con nove millóns de euros para apoiar á hostalaría, hospedaxe, axencias de viaxes e lecer nocturno.
Son axudas a autónomos e microempresas destes sectores que teñan o seu domicilio fiscal nas cidades da Coruña, Santiago, Ferrol e que poderán acceder a unha achega que tamén poden seguir solicitando os negocios situados nos restantes 90 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña.
O obxectivo, explica o presidente provincial, Valentín González Formoso, "é que estes nove millóns de euros en axudas directas poidan chegar ao maior número de beneficiarios e coa maior axilidade posible, para axudar a reactivar un sector especialmente danado pola crise da Covid-19".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.