Estréase un podcast que narra as tramas do Caso Asunta

O suceso, que se encontra dentro da serie "Caso Criminal", pode escoitarse a través da plataforma Podimo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

O asasintato de Asunta Basterra, un dos casos criminais máis recoñecidos dos últimos anos, poderá escoitarse a partir de agora na plataforma de podcast Podimo. Durante 4 episodios o podcast narra a trama deste feito, onde se repasan todos os sucesos acontecidos fai case 8 anos.

Podcast sobre o caso Asunta - Podimo
Podcast sobre o caso Asunta - Podimo

Despois de estar anos no foco mediático, este caso salta ao podcast co obxectivo de reunir e poñer a disposición dos oíntes toda a información que hai dispoñible. Esta foi recopilada a través de diferentes testemuñas e dos datos publicados polos medios de comunicación e polas sentencias xudiciais.

O suceso pode escoitarse dentro da serie "Caso Criminal", que aborda algúns dos grandes sucesos criminais que afectaron á sociedade española como o Caso Mainat, o Caso Nevenka ou o Caso dos Virxinianos. Durante ás próximas semanas iránse incluíndo novas tramas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta