Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 19:24
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou as instalacións de Navantia en Fene onde comprobou "a aposta que está a efectuar a empresa para consolidar o papel estratéxico desta compañía na industria da eólica mariña offshore".
A mesma, remarcan desde a Delegación do Goberno tras a visita, forma parte do Plan Estratéxico da SEPI para Navantia "e posibilitará que as instalacións de Fene sigan ocupando un lugar preeminente na construción de insfraestructuras para esta enerxía renovable a nivel mundial".
Na súa visita, José Miñones coñeceu o estado de execución do contrato asinado pola alianza Navantia-Windar con Iberdrola para a dotación das 62 jackets que formarán parte do parque eólico que instalará a empresa enerxética española no litoral da Bretaña francesa.
"Este contrato, o maior obtido pola alianza Navantia-Windar na súa traxectoria, ascende a 350 millóns de euros e garante a plena ocupación das instalacións de Fene", remarcan desde a Delegación do Goberno.
Miñones estivo acompañado polo responsable de Navantia do estaleiro de Fene, Manuel Bermúdez de Castro; o director xeral de Windar Renovables, Xusto Acedo, e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva.
Na súa visita, lembrou que a eólica mariña está incluída nun dos compoñentes "da política panca de Transición Xusta do Plan de Recuperación", que xa remitiu o Goberno español para a súa aprobación en Bruxelas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.