"Todo apunta" a que o novo incendio na planta de tratamento de residuos de Miramontes foi intencionado

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/05/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A orixe do novo incendio declarado no interior da planta de tratamento de residuos de Miramontes, na compostelá parroquia de Grixoa, está a ser investigado. Así o confirmou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, horas despois do novo incidente rexistrado nas instalacións xestionadas pola UTE Eyrega.

O incendio iniciouse ás 11,00 horas do xoves e quedou baixo control ás 02,00 horas da madrugada, xa no venres. Catro horas despois, as chamas quedaron extinguidas polo traballo dos bombeiros composteláns.

Segundo o alcalde, "todo apunta" a que o incendio foi "provocado", fundamentalmente porque "chama a atención" a hora á que se iniciaron as chamas.

Pancarta da Plataforma de Afectados Polo Vertedoiro de Santiago de Compostela – Miramontes.
Pancarta da Plataforma de Afectados Polo Vertedoiro de Santiago de Compostela – Miramontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta