Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/05/2021 | Actualizada ás 19:37
A facturación de comercialización de algas nas lonxas de Galicia multiplicouse por dez desde o ano 2009 ata 2020, ano que se pechou con 430 toneladas vendidas por un montante total de 337.000 euros.
Estas cifras foron repasadas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita este venres ás instalacións da empresa Algas La Patrona, en Cambados.
Así, as lonxas galegas pasaron de vender algas por valor de 37.000 euros no ano 2009 aos 337.000 euros, a cifra máis alta alcanzada durante os últimos once anos.
Para a conselleira, estes datos, unidos ao aumento de descargas do 7% en comparación con 2019, demostran que a produción de alga é un sector á alza que produciu máis de 1.500 quilos en cultivos, un 60% máis.
Ademais, Quintana tamén puxo o foco en que a produción en cultivo incrementou a súa facturación un 45%, o que se traduce en termos absolutos en 10.100 euros.
Todo iso nun ano marcado pola pandemia, que carrexou unha caída na demanda na hostalaría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.