Novo accidente dun tractor en Agolada

Evacuan en helicóptero a un home ferido ao envorcar o vehículo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Efectivos de Urxencias Sanitarias 061 evacuaron na tarde deste luns a un home que resultou ferido ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira de Agolada.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar en Couso de Abaixo, na parroquia de Borraxeiros, minutos antes das 17,45 horas.

Ata o lugar desprazouse o helicóptero do 061, que procedeu ao traslado ao CHUS do accidentado con feridas de consideración.

Tractor  EP
Tractor EP | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta