Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/05/2021 | Actualizada ás 19:59
Traballadoras e traballadores das tendas Oysho, Massimo Dutti, Zara Home e Pull&Bear da provincia da Coruña secundaron este luns unha xornada de folga en rexeitamento ao "ERE encuberto" que, segundo a CIG, "Inditex está a levar no marco do proceso de dixitalización das vendas".
Con motivo da folga, convocada pola central nacionalista, o persoal realizou unha concentración na Coruña para visibilizar o conflito laboral "e esixir da multinacional que sente a negociar un acordo de recolocacións que ofreza garantías reais de mantemento do emprego e das condicións de traballo", informa.
A CIG-Servizos cualifica de "éxito" a folga deste luns, "cunha especial incidencia do paro en Massimo Dutti e nos establecementos de Ferrolterra, comarca onde Inditex vai desmantelar case toda a rede comercial física", engade.
"O seguimento nas tendas afectadas foi practicamente do 100% e houbo unha amplísima resposta tamén por parte das traballadoras e traballadores das outras tendas", subliña Roberto Pérez, responsable de comercio da CIG-Servizos da Coruña, durante a mobilización que o persoal realizou na cidade herculina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.