Xerais suprime a gala de entrega dos seus premios pola pandemia

Prepara unha serie de vídeos para difundir os libros gañadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

Xerais suprime a gala de entrega dos premios correspondentes ao ano 2020 debido á situación da pandemia de coronavirus. Mentres, prepara unha serie de vídeos para difundir os libros gañadores.

Editorial  Xerais
Editorial Xerais | Fonte: Xerais.

O pasado decembro anunciou o ditame da XXXVII edición do Premio Xerais de Novela, a XII do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXV do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Os vencedores foron os títulos 'Coidadora' de María Marco , 'Santoamaro' de Antonio M. Fraga e 'A folla azul' de Andrea Maceiras, xa á venda en librarías desde abril.

Por mor das crises sanitarias, Xerais cancelou a gala e durante este mes de xuño irá lanzando as imaxes gravadas no Museo do Mar en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta