Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

9 lula

As connotacións,por un lado oportunistas e polo outro "de doble vara de medir",que ten este asunto, impiden tomar en serio as argumentacións da dirección comarcal.Non é lexítimo aplicar os estatutos da organización "ad hominem".O caso de Vigo non é o único dun militante do BNG que adopta publicamente(e con noticia na prensa incluida) esta posición( e con apoio expreso a esa asociación).O BNG é unha organización única a este respecto e o principio de universalidade das súas normas internas hai que aplicalo independentemente que en Vigo "conveña" facer limpezas e noutras partes non porque (oh casulalidade!) afectan aos "nosos"...

8 mamipanchita

Agúns membros do BNG, con estas actuacións purgatorias e de limpeza, ( algún membro do C.C., chegou a dicir que había que facer unha limpeza cirúrxica para estirpar o tumor, e e así evitar que se continuase extendendo )parece que viven mais ben noutra TERRA e noutro TEMPO.

7 Lugués

Félix achega doses considerables de sensatez; é un alivio para a anterior sobredose de hooliganismo en tres vías.

Só puntualizaría que o BNG non é iso: unha parte moi considerable dos seus afiliados -e, desde logo, da súa base social e política- non están conformes coa actitude do Consello Comarcal de Vigo, que, por certo, adoptou a súa decisión de incoar o expediente por unha maioría seica escasa.

Expulsar a Gómez-Valadés, en todo caso, non sería unha decisión antidemocrática, porque non sería privalo de ningún dereito político: implicaría, simplemente, interpretar os estatutos dunha determinada maneira, certamente cuestionable. Iso si, constituiría torpeza e malísima mensaxe. Polo que parece, a Executiva Nacional ben o comprendeu, e é de esperar que o Consello Nacional o referende.

Eu penso que non haberá expulsión, pero entendo mal a motivación actual do Consello Comarcal meridional: como se ve nas mensaxes de aquí (e en "La Voz de Galicia" de hoxe), o que fai é dar armas para que lles disparen.

6 Félix

Insultar á dirección do BNG e á UPG non resolve nada. Mesmo se a dirección nacional do Bloque non corrixe a decisión da Comarcal viguesa, aínda que fora así, non se pode caer na descalificación da fronte. O "palestinianismo" acrítico non é un problema exclusivo do BNG, é unha asignatura de racionalidade que ten pendente a sociedade galega e europea en xeral. O BNG non é o único enfermo de "palestinianitis". O que compre é criticar ao BNG pola súa intransixencia e autoritarismo ideolóxico con respecto a un dos seus militantes e, qun así o decida, que abandone a fronte ou non vote ao BNG.Pero aínda que sexa unha expulsión equivocada, é unha decisión lexítima; penosa pero lexítima. Sobran dramatismos e esaxeracións, para iso xa están os da conspiranoia e os que padecen "dejuanitis". É unha magoa que o BNG --e a esquerda en xeral-- teña tan pouca memoria histórica --da que tanto se fala-- co asunto de Oriente Próximo.

5 lagaitaenlacabeza

NO, el BNG es defensor de Estados Represores de corte fascista, como Cuba, defiende posturas Stalinistas y lo que fue su régimen, estados totalitarios islamistas, que matan sistematicamente a los disidentes, que financian terroristas. Pero claro es pelígrosisimo un país como Israel de 9 millones de personas, rodeado de 200 millones que los quieren echar al mar, y que defienden su territorio y sus vidas. Pero bueno, esto refleja lo que es la UPGaita y quien es el BNGaita; una panda de iluminados de tintes fascistoides. Venga ahora todos juntos a gritar: "Ugio Giana, defender a terra no é delito"