Realizarán novos cribados en Arcade para a poboacion de entre 20 e 49 anos

Os resultados positivos notificaranse por vía telefónica o es negativos vía SMS.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará novos cribados poboacionais con PCR no porto de Arcade, entre este luns e o xoves, "para reducir a cifra de contagios de coronavirus" no concello de Soutomaior.

Tal e como indicou a Consellería de Sanidade a través dun comunicado, a Administración sanitaria convocará, vía SMS telefónico, á poboación da localidade de Soutomaior de entre 20 e 49 anos de idade que teñan o cartón sanitara activa nos centros de saúde do municipio, un colectivo que neste concello alcanza as 1.960 persoas.

Para levar a cabo os cribados, a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés contará no porto de Arcade con dous equipos de enfermaría en cada quenda, que efecturarán "tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, extracción das mostras nasofarínxeas e informarán os usuarios".

Unha vez analizadas as mostras no laboratorio de Microbiología do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, os resultados positivos notificaranse directamente por vía telefónica, mentres que os negativos serán comunicados por SMS nun prazo de entre 24 e 48 horas.

Cribado no centro de saúde de Vedra. SANIDADE
Cribado no centro de saúde de Vedra. SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta