Unha tese constata os beneficios dos bos hábitos en pacientes con enfermidades mentais

Persoas cunha enfermidade mental grave presentan entre un 20% e un 40% máis de probabilidade de morbimortalidade.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/06/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Unha tese doutoral realizada pola enfermeira Carmen Vallejo constatou os beneficios das actividades de bos hábitos en pacientes con enfermidades mentais que tamén presentan síndrome metabólico.

O estudo iniciouse tras comprobarse que as persoas que padecen enfermidades mentais adoitan presentar hábitos de vida pouco saudables, segundo detallaron fontes do Sergas. Así, realizouse unha investigación durante anos con máis dun centenar de pacientes psiquiátricos graves da área sanitaria de Vigo.

A enfermeira especialista en Saúde Mental Carmen Vallejo explicou que a realización de actividades programadas para a mellora dos hábitos de vida destes pacientes permite mellorar a súa saúde e leva "cambios positivos a nivel hormonal" e, en maior medida, en hormonas neurometabólicas ou neuroendocrinas.

A tese doutoral, denominada, 'Atención da Síndrome Metabólico en pacientes con trastorno mental grave', foi dirixida polo investigador do Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Carlos Spuch, e o xefe do servizo de Saúde Mental da área Sanitaria de Vigo, José Manuel Oliveirais.

A investigación iniciouse ante a constatación de que as persoas cunha enfermidade mental grave presentan entre un 20% e un 40% máis de probabilidade de morbimortalidade e, en especial, de sufrir efectos cardiovasculares adversos. Tamén adoitan manter hábitos de vida pouco saudables ao presentar altas taxas de tabaquismo e sedentarismo, así como unha falta de exercicio físico e hábitos alimenticios insanos. Esta situación pode levar que contraian enfermidades non transmisibles, como a obesidade, a diabetes e a síndrome metabólico.

Ademais, estas persoas non adoitan acudir de modo habitual a centros de Atención Primaria, polo que resulta importante realizar controis do seu estado en unidades de saúde mental.

O investigador Carlos Spuch, o xefe do servizo de Saúde Mental da área Sanitaria de Vigo, José Manuel Oliveirais; e a enfermeira Carmen Vallejo. SERGAS
O investigador Carlos Spuch, o xefe do servizo de Saúde Mental da área Sanitaria de Vigo, José Manuel Oliveirais; e a enfermeira Carmen Vallejo. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta