Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 11:58
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu na necesidade de "avaliar en todo momento" as normas aplicadas no marco do protocolo para a 'nova normalidade' e confiou en que o Ministerio de Sanidade "entre en razón".
"Non se pode facer unha foto fixa", resolveu Rueda durante un acto no que participou en Vigo, onde incidiu na importancia de que non se "mande a setembro" sen a capacidade de actualizar a normativa, unha postura que remarcou que tamén comparte o sector turístico.
Neste sentido, confiou en que, no marco da reunión do consello interterritorial do sistema nacional de saúde que se celebrará este mércores, o Ministerio de Sanidade "entre definitivamente en razón" tras acordar a Audiencia Nacional a suspensión das novas normas sanitarias aprobadas a semana pasada ata que se resolva a impugnación do goberno da Comunidade de Madrid neste territorio.
Así as cousas, Rueda confiou en que o Ministerio de Sanidade "entenda que hai que seguir coa desescalada" e "avaliar en todo momento o que sería a situación de funcionamento do sector hostaleiro". Así, mostrou a súa esperanza de que "todo o mundo se dea de conta" de que "o que viñan facendo as comunidades autónomas é o que hai que seguir facendo", en alusión á progresiva flexibilización das restricións en función da mellora da pandemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.