Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/06/2021 | Actualizada ás 14:01
O Festival Interncional do Mundo Celta de Ortigueira acostumaba a ter unha duración de catro días, sendo, xa desta forma, un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo. Porén, para compensar as cancelacións das edicións do 2020 e 2021, no 2022 programáronse oito días de actividades e concertos. As datas seleccionadas son dende o domingo 10 ata o domingo 17 de xullo.
Despois de toda a espera, a organización redobrou os esforzos co obxectivo de que no 2022 poida volver a mellor música Celta da man de grupos que veñen dende diferentes partes do mundo. Nesta edición, ademais da música, tamén se poderá disfrutar da gastronomía e da artesanía de diferentes culturas que ofrecerá a feira.
Esta edición contará con máis concertos e actividades das habituais pero dende a organización enfatizan que se reforzará a presenza de grupos galegos e de novos valores da música tradicional galega. Durante os próximos meses iránse confirmando as identidades dos artistas que formarán o cartel da programación, así como dos concerto do Festival no teatro, previas as datas sinaladas da segunda semana de xullo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.