Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 09:30
O libro infantil galego "A mina contaminada" presentou a súa tradución ao inglés en Londres, baixo o título "Droplet ans Wagtail's Tailings Tale". A obra foi premiada no 2019 e 2020 pola Universidade das Nacións Unidas como "Proxecto Insignia Extraordinario" na 8º edición dos Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentable.
A obra pódese adquirir en papel ou desgargala gratuítamente. Está inspirada na contaminación por materiais pesados causada polas Minas de San Finx, en Lousame e relata as consecuencias da minaría contaminante a través dunha historia protagonizada por unha pinga de auga e unha lavandeira.
Ademais, o libro, destiando a nenos de entre 6 e 12 anos, contén material educativo e didáctico co que completar a lectura, como un bloque de actividades e unha peza tetral, tamén dispoñible como espectáculo de monicreques.
O libro, que foi creado polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade e a Fundación Montescola co apoio da Guerrilla Foundation, será distribuído en inglés por London Mining Network entre centros de ensino e comunidades locais afectadas polos impactos sociais e ambientais de explotacións mineiras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.