A maioría do Congreso avala a 'Lei rider'

A normativa obrigará ás empresas de repartición a contratar aos traballadores. PP, Vox, Cs, UPN e Foro Asturias votaron en contra, e o BNG abstívose.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 10/06/2021 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O Pleno do Congreso convalidou este xoves o decreto lei que obriga ás empresas de repartición a contratar aos seus traballadores, a coñecida como 'lei rider', e aprobou a súa tramitación como proxecto de lei, polo que poderá introducir cambios a través de emendas.

Rider de Uber Eats
Rider de Uber Eats | Fonte: thespoon.tech.

A favor do decreto de lei votaron o PSOE, Unidas Podemos, Esquerra Republicana, PNV, EH-Bildu, Junts, PDeCAT, CUP, Más País-Equo, Compromís e Nueva Canarias. O PP, Vox, Cs, UPN e Foro Asturias votaron en contra, mentres que o BNG abstívose.

A pesar de que foi aprobado en Consello de Ministros o pasado mes, como cada decreto lei é necesario que o Congreso o someta a exame para convalidarlo ou, en caso de non obter apoios suficientes, derrogalo.

Durante a súa defensa do decreto lei, a vicepresidenta de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, lembrou que a reforma exposta vai en liña da sentenza do pasado mes de setembro do Tribunal Supremo, pero tamén outros tribunais internacionais, en cuxas sentenzas, afirmou "latexa o mesmo concepto: que a aplicación do dereito do traballo non é optativa".

"A ninguén se lle ocorrería poder escoller entre ser laboral ou autónomo nunha fábrica ou nun comercio", aseverou, destacando que isto "suporía a desaparición da norma laboral con todas as súas consecuencias". Así, recalcou que unha prestación de servizos "será sempre laboral se existe dependencia, calquera que sexa a forma en que se manifeste", algo establecido polo Tribunal Supremo na súa sentenza do pasado setembro para unificar doutrina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta