Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2021 | Actualizada ás 10:57
A Catedral de Santiago de Compostela acollerá unha nova misa diaria do peregrino a partir deste luns, 14 de xuño. O templo alcanza así unhas tres misas diarias. Así o indicou a Catedral compostelá nun comunicado, unha decisión acordada, segundo sinalaron, na reunión mantida co Cabildo esta semana.
Desta forma, a Misa do Peregrino celebrarase diariamente no altar maior ás 9,30, 12,00 e 19,30 horas. A estas liturxias súmanse, ademais, as das 11,00 horas na capela da Corticela e as das 10,30 horas, en lingua inglesa, na capela do Centro de Acollida ao Peregrino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.