Pemex controla xa Barreras

Pecha a compra do 51% das accións do asteleiro vigués por preto de seis millóns de euros.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/11/2013 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Pemex xa controla Barreras. Segundo informou o diario mexicano 'A Jornada', a Petroleira Mexicana (Pemex) negociaba desde este luns o peche da compra do 51% das accións de Barreiras por un montante total de 6 millóns de euros dentro dunha operación no que o 49% restante sería asumido por accionistas galegos.

Portada de La Jornada de México
Portada de La Jornada de México

Esta operación tería xa rematado este martes. O obxectivo de Pemex con esta operación é "compartir o coñecemento tecnolóxico dos estaleiros para a construción de buques especializados no porto industrial da cidade de Altamira, no estado de Tamaulipas".

As conversacións iniciáronse este luns na sede da empresa petroleira mexicana, na cal estiveron presentes representantes da compañía, o principal accionista do estaleiro José García Costas e o responsable de Economía e Industria da Xunta, Francisco Conde.

Do medio colaborador Vigoalminuto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Zapata brother

Ben por México son os salvadores de Galiza fronte aos españois peperos e inutis. O futuro é Galiza e México.

1 FUN_EU

Penso que non sabes ben o que dis. Barreras remata como empresa, México é o seu fin. Pero o que si se pode pensar é: De qué sirve España e a CE para Galiza? Qué razón tiña o BNG cando non quería entrar de calquera forma na CE! pero claro, FelipeX o quería, Espanha o quería, AP o quería, os franquistas o querían, a calquera custo, e así o fixeron. Por qué? porque naquel tempo se decía en EUropa que "África empeza nos Pirineos" e os herdeiros do franquismo necesitaban que lles dixeran que Espanha xa era un país, non unha opereta ditatorial. Os do BNG non tiñan esas "necesidades".

2 louli

como chuparon dos fondos europeos os do bngupgcig. si, si eses fondos económicos para a financiación irregular organizativa e persoal. jajaja

3 Manda_tortillas

Louliño (ña)...non se entende o que dis, poderías poñer 20 veces neste fío "Gibraltar bilingüe", a ver se entendemos a túa letra?